LII Torneo Concello de Oleiros

Grupo A

🕰️ Horario dos partidos 20:30

Xornada 1 _Mercores 2

Descansa

Xornada 2 __Domingo 6

Descansa

Xornada 3 _Mercores 9

Descansa

Xornada 4 __Domingo 13

Descansa

Xornada 5 _Mercores 16

Descansa

Grupo B

🕰️ Horarios dos partidos 20:30

Xornada 1 Mercores 9

Xornada 2 Domingo 13

Xornada 3 Mercores 16

Fase Eliminatoria

Semifinal Ida Domingo 20

2º Grupo B vs 1º Grupo A

2º Grupo A vs 1º Grupo B

Semifinal Volta Mercores 23

1º Grupo A vs 2º Grupo B

1º Grupo B vs 2º Grupo A

Final Sabado 26

Gañador Semifinal 1

vs

Gañador Semifinal 2

Fútbol Feminino

Semifinal Sábado 19

3º e 4º Posto Sabado 26 10:00

3º Clasificado

vs

4º Clasificado

Final Sabado 26 12:00

Gañador Semifinal 1

vs

Gañador Semifinal 2

NORMATIVA DE COMPETICIÓN.
TROFEO DE FUTBOL “CONCELLO DE OLEIROS”. ANO 2023
SISTEMA DE COMPETICIÓN e FUNCIÓNS DA COMISIÓN ORGANIZADORA

A) Trofeo categoría masculina: A Comisión Organizadora (formada por un membro de cada
club) realizará un primeiro sorteo onde se formarán dous grupos, denominados A e B, e que
disputarán unha primeira fase clasificatoria. Un sorteo ou ben o mutuo acordo entre clubs,
dará o equipo locatario nesta primeira fase. Nesta primeira fase de clasificación, xogarán a
unha volta os equipos do grupo entre si, obtendo directamente o pase ás semifinais os dous
primeiros clasificados de cada grupo. As semifinais xogaranse a dobre partido, sendo o
equipo primeiro de grupo o que xogue o partido de volta na súa casa. A distribución dos
encontros de semifinais será, o primeiro do grupo A contra o segundo do grupo B, e o
segundo do grupo A contra o primeiro do grupo B. Esta comisión será a encargada de
elaborar o calendario de competición e posteriormente comunícalo ao Concello de Oleiros A
final disputarase no campo municipal que se determine desde a concellería de deportes non
máis tarde do sábado 31 de Agosto.

B) Trofeo categoría feminina: De igual xeito que na categoría masculina, a comisión
organizadora realizará un sorteo para determinar, en caso de ser necesario, a composición
dos grupos. Se o número de participantes fose de 4 equipos, realizaríase un sorteo para
determinar a composición das semifinais, que se disputarán a partido único, e
posteriormente a final, a realizarse no campo municipal que determine a concellería de
deportes e na data consensuada coa comisión organizadora.

C) En canto ás regras de xogo utilizaranse as normas federativas, agás a Comisión
Organizadora decida, por maioría absoluta, algunha variación ao respecto. Do mesmo xeito,
as posibles discrepancias que poidan xurdir durante o trofeo serán resoltas tamén pola
Comisión Organizadora. En caso de empate nas votacións da Comisión Organizadora, estas
resolveranse por sorteo. En canto ao cumprimento das posibles sancións ás infraccións das
regras de xogo, non se agardará á notificación federativa para o cumprimento das mesmas.

D) Ao igual que as normas de xogo, as cuestións disciplinarias e sancionadoras, tamén se
resolverán segundo o establecido na normativa federativa.

E) Todas as decisións adoptadas pola Comisión Organizadora nas súas reunións, serán
comunicadas á concellería de deportes. Praza de Galicia, Nº1 – Telf.: 981 61 00 00 – Fax.:
981 63 10 29 – 15173 Oleiros. A Coruña CONCELLO DE OLEIROS

F) Todas as incidencias que se produzan durante a organización do torneo , transmitiranse coa
maior celeridade posible á Concellería de Deportes para o seu coñecemento.

PREMIOS:

• Cantidade total a repartir de 12.258 €. Na categoría masculina repartirase unha cantidade
total de 8.424 €, repartidos do seguinte xeito entre equipos participantes ( previsión de 9
equipos na edición 2023).

• Finalistas: levará cada equipo un premio de 1.152 €, o resto dos equipos participantes,
percibirán un premio de 765 € cada un.

• Na categoría feminina, a cantidade a repartir será de 3.834 €, repartida do seguinte xeito
entre os 4 equipos participantes. Previsión de 4 equipos na edición 2023): Finalistas: levará
cada equipo un premio de 1.152 € O resto dos equipos participantes, percibirán un premio
de 765 € cada un.
PARTICIPACIÓN:

A) Para participar no Torneo, os clubs terán que presentar no Rexistro Municipal, a seguinte
documentación dirixida ao Servizo de Deportes:
– copia dos xustificantes de ter abonado as cotas da mutualidade.
– relación das fichas presentadas na Federación Galega de Fútbol da temporada 2022/23.

B) Os documentos presentaranse en todo caso a través da Sede Electrónica, no seguinte
enlace: Sede Electrónica – Solicitude xenérica (oleiros.org)

C) O prazo máximo de presentación da documentación esixida remata o luns ás 23:59 horas.

• Para os equipos masculinos, a última data sería o luns 31 de xullo.

• Para os equipos femininos, a última data seria o xoves 17 de agosto.

• A entrega desta documentación por correo electrónico NON SERÁ VÁLIDA. A partir desta
data seguirase o mesmo procedemento para novas altas e o club organizador recibirá do
Concello de Oleiros toda esta documentación para a súa revisión e quedará a disposición dos
clubs participantes para calquera dúbida ou reclamación.

D) O criterio de expulsión dun equipo participante no torneo, poderá ser polo seguinte:

.- Falsidade de documentos.
.- Retirada do terreo de xogo por causas alleas ao desenvolvemento do torneo.

.- A non presentación a xogar un partido, sen a debida xustificación.

CAMPOS DE XOGO:

A) En canto aos ingresos de taquilla, os equipos participantes poderán seguir o criterio do seu
propio “uso e costume” neste torneo, correspondendo aos equipos locais os ingresos
procedentes das entradas e o ambigú, tanto na fase previa como nas semifinais.

B) En canto á disputa da final, os equipos finalistas poderán xestionar a entrada do público e
recibir os ingresos polo acceso ao partido. O equipo organizador poderá xestionar o ambigú
na xornada final, e polo tanto recibir os ingresos procedentes do mesmo.

Agarda un intre!!

Faite socio e apoia ao teu equipo